Vídeo Mulleres na economía social Galega

Compartimos con vós un vídeo que amosa o talento dunhas cantas mulleres da economía social galega. Unha delas é a nosa compañeira Raquel.

Parabéns as 5!! Gracias polo voso traballo, esforzo e implicación diaria.

Campaña “Mulleres na economía social”

O elemento central desta campaña é un vídeo no que se amosan os avances das mulleres no eido da economía social, así como a necesidade de continuar avanzando cara a unha igualdade real. Unha igualdade que promova máis coñecemento, máis benestar, máis participación, que potencie valores solidarios, relacións baseadas na cooperación, respecto mutuo e corresponsabilidade.

Uns versos extraídos do poema “Follatos”, da poeta Filomena Dato Muruais (1859-1926), recórdannos que xa no século XIX se alzaban voces en defensa do talento das mulleres, e serven como vínculo para poñer en valor o papel da muller na economía social.

Nesta campaña interveñen Raquel Sedes, responsable de RRHH, Calidade, Medio Ambiente e RSE de Metal Ferrol SAL.; María Caldeiro, xerente de FundamarSonia González, directora de Persoas e RSC en CLUNRosa Gutiérrez, directora de negocio de Galega de Economía Social; e Jessica Rey, responsable de Márketing en Casa Grande de Xanceda. Por último, Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pecha o vídeo ensalzando a importancia da muller en Galicia e, en especial, na economía social.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s